ASOCIACIÓN SOCIO-CULTURAL FALCATRUEIROS ASOCIACIÓN SOCIO-CULTURAL FALCATRUEIROS
 
 

Inicio arrow Escola de Teatro

Principal
Inicio
Escola de Danza
Escola de Música
Escola de Teatro
Escola de Cantareiras
Noticias
Actividades
Buscar
Contacto
Actividades
« < Setembro 2010 > »
L M Y X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3
Acceso





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
 

Escola de Teatro PDF Imprimir E-mail

A Escola de Teatro fundouse no ano 1992. Ata entón había un grupo de rapaces e rapazas que dirixidos por unha gran aleccionada do pobo representaban as súas obras en certas datas e de forma puntual.

Toma forma de escola da man de Mónica García Pérez, que participou en proxectos con Chévere, Compañías Marías, Espello Cóncavo, Centro Dramático Galego, etc. e recibiu no 1997 o premio de teatro María Casares e no 1998 o premio AGAPI, actualmente traballa en Pratos Combinados na TVG

Na actualidade dirixe esta escola José Jorge García García (Jouse) que pertenece á agrupación Nove e Dous que foi avasallado este ano co premio Mª Casares.

Ten unha matrícula de trinta rapace/as entre os catro e vintecinco anos, dividido en dous grupos e asisitindo a clases todo o ano. Algúns dos alumnos da escola de teatro seguen por este camiño, é o caso dun que está na Escola Privada de Dirección de Cine en Barcelona. Outra compoñente do grupo, cursa estudios na escola que hai en Santiago.

Cada grupo fai unha montaxe por ano que tanto poden ser creacións propias, como adaptacións realizadas polos mesmos componentes.

Leva representado xa un número considerable de obras, como son:

  • Río Bravo
  • Festa no Xardín
  • O principiño
  • A estatua
  • Os músicos
  • A estrea do Nadal (Monterroso)
  • Supersonic
  • Fas e Nefás
  • Baixarse o mouro
  • Historias Mínimas polo que recibiu o 4º Premio no XI Certame Galego de Teatro Xuventude no ano 2000
  • As Criadas polo que recibiu o 5º Premio no XII no Certame Galego de Teatro Xuventude no ano 2001

Este ano están preparando dúas montaxes, “Mórdeme” de Imma Antonio, e “As obras completas abreviadas de William Shakespeare” de Adam Long, Daniel Finger e Jeff Windfield.


 


Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia

Xutnta de Galicia - Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual

Presidencia - Secretaría Xeral de Comunicación
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual