ASOCIACIÓN SOCIO-CULTURAL FALCATRUEIROS ASOCIACIÓN SOCIO-CULTURAL FALCATRUEIROS
 
 

Inicio arrow Escola de Danza

Principal
Inicio
Escola de Danza
Escola de Música
Escola de Teatro
Escola de Cantareiras
Noticias
Actividades
Buscar
Contacto
Actividades
« < Setembro 2010 > »
L M Y X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3
Acceso





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
 

Escola de Danza PDF Imprimir E-mail

A Escola de Danza, nace como tal no ano 1988 dentro da Asociación Sociocultural Falcatrueiros.

Xa desde o ano 1985, esta Asociación contaba cun grupo de nenos e nenas aleccionados a danza, facendo as súas primeiras actuacións de forma esporádica na vila.

É a partir de 1988, cando se fai cargo dela ao profesor Luis Blanco Rojo, ex membro do Ballet Galego “Rei de Viana”, cando toma forma a escola de Danza.

Compoñen esta escola un grupo de cento trinta alumnos/as entre os cinco e os vinteoito anos, e o corpo de baile de infantís un total de 45 nenos e nenas de seis a quince anos, máis un grupo de asipirantes ó corpo de baile, que lle asegura a esta escola continuidade.

Conta esta escola cun amplo repertorio de danzas galegas de todo tipo: muiñeiras, xotas, pandeiradas, polcas, fandangos, ribeiranas, maneos, rumbas, etc.

O vestiario, de gran valor e variedade, pertence á Asociación. Comprende traxes de montaña, de traballo e de gala, representativo das distintas comarcas de Galicia.

Dende o momento da súa creación empezou cun nutrido programa de actuacións, principalmente nos meses de verán.

Falcatrueiros, xunto coas escolas de baile emúsica, organiza no mes de agosto un Festival Internacional, este ano é a XX edición, que se celebra en dous días e no que participan un total de oito grupos moi variados: galegos, de distintas autonomías de España e estranxeiros.

Este festival pódese considerar xa institucionalizado, gozando de gran prestixo en toda a provincia pois sabido é o alto nivel do mesmo.

A Escola de Danza leva actuado pola maioría dos pobos e cidades de Galicia: Lugo, A Coruña, Ourense, Pontevedra.

Podemos momear como actuacións máis sobranceiras: 

  • Circuitos Culturais da Xunta de Galicia.
  • A TVG, nos programas Luar, Galeguidade e Galicia Enteira.
  • A TV2 no programa desde Galicia para el Mundo.  

Leva percorrida cáseque toda España e parte de Portugal en festivais coma os seguintes:

  1. Festival Internacional de Danza en Sestao (Bilbao)
  2. Festival Internacional de Danza en Xixón (Asturias)
  3. Festival de Danza Puebla de Lillo (León)
  4. Festival Benéfico Internacional de Danza “Murcia por África” no Espinardo (Murcia)
  5. Festival do Centro Galego (Barcelona)
  6. Festival Internacional de Danza de Cáceres
  7. Festival de Danza de Venta de Baños (Palencia)
  8. Festival Folclórico de Fortuna (Murcia)
  9. Festival Internacional de Villajoyosa (Alacante)
  10. Festival de Danza de Catarrosa (Valencia)
  11. Festival de Danza de Santa Cristina de la Polvorosa (Zamora)
  12. Festival Folklórico Nacional de Onotoria (Cantabria)
  13. Festival de Folkore “Villa Pinoso” (Alicante)
  14. Festival “Villa de Tauste” (Zaragoza)
  15. Representando, en dúas ocasións a Galicia nas festas do Pilar en Zaragoza.
  16. Festival Internacional de Danza de Sap Joao da Ribeira (Portugal)
  17. Festival Folclórico de Danza de Rio Maior (Portugal)
  18. Festival Folclórico de Danza de Parada de Gonta (Portugal)
  19. Festival Folclórico de Danza de Seixas-Caminha (Portugal)
  20. VI Festival de Folclore en Casais de Vestiaria-Alcobaça (Portugal)
  21. Festival Internacional de Frielas –Lisboa (Portugal)
 


Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia

Xutnta de Galicia - Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual

Presidencia - Secretaría Xeral de Comunicación
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual